Storytelling Learning In Digital Europe -SLIDE

EOSA participa como socio no proxecto europeo “SLIDE – Storytelling Learning In Digital Europe”, financiado polo Programa Erasmus + que busca aplicar o método dixital de narración de historias (DST) no contexto da educación formal e informal de adultos en diferentes lugares de Europa.

O proxecto ten unha duración de 22 meses, de novembro de 2017 a agosto de 2019, e conta coa participación de 5 institucións no campo da educación de adultos de Polonia, Eslovenia, Estonia, Italia e España.

Esta iniciativa reforzará as redes da UE para a ensinanza e o aprendizaxe utilizando o MÉTODO DST mediante o intercambio de ideas e prácticas, colmando a brecha dixital en toda Europa. Como resultados tanxibles, o proxecto producirá un caderno que conterá historias dixitais creadas polo alumnado durante a implementación das actividades locais, unha lección vídeo sobre a implementación do curso de capacitación conxunto SLIDE, así como unha exposición virtual sobre unha colección de narracións locais producidas polos usuarios obxectivo.

EOSA aporta a sea experiencia no desenvolvimiento de solucións tecnolóxicas para a docencia e a formación, así como a súa ampla experiencia no financiamento e xestión de proxectos europeos.